Enténdese por atención á diversidade o conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado.
A diversidade é una característica intrínseca xa que cada persoa ten un modo especial de pensar, de sentir e de actuar independentemente de que, dende o punto de vista evolutivo, existan uns patróns cognitivos, afectivos e conductuais con certas semellanzas.
Hoxe en día encontramos nas nosas aulas nenos e nenas moi diversos en capacidades, intereses, estímulos, circunstancias familiares, sociales e económicas que ó longo de moito tempo teñen que convivir, aprender cousas, crecer, facerse persoas…
Polo tanto esto leva implícito poñer en marcha estratexias e actuacións para que todo o alumnado desenvolva ó máximo as súas capacidades, de tal modo que as diferencias non se convirtan en desigualdades.
Na Educación Infantil as rutinas e os hábitos organízanse para dar resposta ás necesidades de seguridade, estabilidade, afecto e de relación interpersoal entre a profe e o neno. Os momentos das rutinas serviranlle ó neno/a para saber quen é el, o que lle sucede, o que fai, a percibirse a si mesmo.
Os rincóns son unha forma de organización donde cada neno/a pode actuar con autonomía e elexir a actividade en función das súas necesidades e intereses. Polo tanto organizar a clase por rincóns significa, en primeiro lugar ter moi en conta a diversidade do grupo-clase e responder a esa diversidade coidando de forma especial o ambiente escolar, creando un clima de confianza e seguridade que permita ós nenos realizar as súas aprendizaxes da forma máis armónica posible.
Esto axuda tamén a romper coa dicotomía xogo-traballo, considerando que o xogo é o principal instrumento de aprendizaxe que ten o neno/a, que cando xoga traballa ó mesmo tempo e que calquer actividade na que esté implicado e teña algún sentido para el, suporá disfrute pero tamén coñecemento.